De conformidade có establecido no artigo 20º dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Petanca, e como presidente, convoco a vostede á reunión da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no salón de actos da Casa do Deporte, na rúa Fotógrafo Luís ksado, nº 17 do concello de Vigo, o próximo sábado, 21 de decembro ás 10:30 horas en primeira convocatoria, e de non concorrer a maioría necesaria, ás 11:00 horas en segunda convocatoria, baixo a seguinte:
O R D E D O D Í A
- Memoria Deportiva 2013.
- Calendario e Normas Deportivas 2014.
- Balance e situación 2013.
- Orzamento 2014.
- Propostas da Xunta Directiva
- Propostas dos Clubs
- Rogos e preguntas.
Comunícolle que á sala da reunión onde celebraremos a Asemblea terán acceso as persoas acreditadas que pertenzan á mesma e as persoas invitadas polo Presidente FGP (Presidentes de clubs non asembleístas) con dereito a voz. Así como o público que queira asistir só como oíntes.
O Presidente
Xosé Lois Simoes